Alertas gratis

Temario: Sargento de Incendios

Ayuntamiento de Ourense · Galicia

Temas45
Última convocatoria30 sep 2026
Plazas (máx.)4

Temario tomado de: Boletín Oficial da Provincia de Ourense n.º 144, de 31 de xullo de 2026 — Concello de Ourense: bases reguladoras e temario do proceso de selección de catro (4) prazas de sarxento de incendios (Anexo I, TEMARIO). Temario completo (10 temas de parte xeral + 35 de parte específica) extraído do anuncio oficial do Concello de Ourense publicado no BOP de Ourense n.º 144, de 31/07/2026, ao que remiten as bases anunciadas no BOE-A-2026-20334.

Temarios y exámenes gratis

Material de descarga gratuita que publican administraciones, escuelas públicas de formación y sindicatos. Los exámenes oficiales y el material con licencia abierta los guardamos aquí para que no desaparezcan; el resto es de sus autores y te llevamos a su web. Comprobamos los enlaces cada dos semanas.

  • 📘 Temario 2003Manual SEPEI de bomberos: temario técnico completoDiputación de Albacete, SEPEI
  • 📝 Examen 2023Examen Jefe de Dotación bomberos, promoción internaComunidad de Madrid, Cuerpo de Bomberos · documento oficial
  • 📝 Examen 2023Plantilla correctora examen Jefe de Dotación bomberosComunidad de Madrid, Cuerpo de Bomberos · documento oficial
  • ✅ Test 2024Test administración general gallega: Constitución, procedimiento, régimen localDeputación de Pontevedra

Los 45 temas

  1. Parte xeral. Tema 1. O municipio: elementos do municipio.
  2. Parte xeral. Tema 2. O municipio: competencias do municipio. Servizos municipais obrigatorios.
  3. Parte xeral. Tema 3. Órganos de goberno nos concellos de gran poboación: o alcalde. Elección. Competencias.
  4. Parte xeral. Tema 4. Órganos de goberno nos concellos de gran poboación: o pleno e a xunta de goberno local. Composición. Competencias.
  5. Parte xeral. Tema 5. O Acto Administrativo e a Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP): Concepto, motivación, forma, eficacia e invalidez.
  6. Parte xeral. Tema 6. O Procedemento Administrativo e a LPACAP: Fases do procedemento, a iniciación (clases, corrección e avance de solicitudes) e as notificacións.
  7. Parte xeral. Tema 7. A Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público (LRJSP): Obxecto e ámbito de aplicación. Principios de actuación, órganos administrativos, e a potestade sancionadora e responsabilidade patrimonial da Administración.
  8. Parte xeral. Tema 8. O Estatuto básico do empregado público (TREBEP): Clases de empregados públicos. Grupos e subgrupos de clasificación profesional. Adquisición e perda da relación de servizo.
  9. Parte xeral. Tema 9. O TREBEP e a Lei de función pública galega: Dereitos e deberes dos funcionarios públicos segundo o TREBEP e o desenvolvemento normativo na Lei de función pública de Galicia.
  10. Parte xeral. Tema 10. Deberes, Conduta e Réxime Disciplinario: Deberes dos funcionarios (TREBEP). Código ético e de conduta. O réxime disciplinario e de incompatibilidades na Función Pública Galega.
  11. Parte específica. Tema 1. Lexislación, normas, plans e directrices específicas en materia de protección civil de ámbito nacional.
  12. Parte específica. Tema 2. Lexislación, normas, plans e directrices específicas en materia de protección civil da comunidade autónoma de Galicia.
  13. Parte específica. Tema 3. Lei de prevención de riscos laborais e as súas modificacións. O Regulamento dos servizos de prevención e as súas modificacións.
  14. Parte específica. Tema 4. Disposicións mínimas en materia de seguridade e saúde de lugares de traballo, equipos de traballo, risco eléctrico, atmosferas explosivas, sinalización de seguridade e saúde, axentes químicos e axentes biolóxicos. Guías técnicas de aplicación.
  15. Parte específica. Tema 5. O Código Técnico da Edificación. Documentos básicos de seguridade en caso de incendio e seguridade de uso. Regulamento de instalacións de protección contra incendios.
  16. Parte específica. Tema 6. Norma Básica de Autoprotección. Definicións. Documentos. Ámbito de aplicación.
  17. Parte específica. Tema 7. Conceptos fundamentais sobre magnitudes físicas (forza, traballo, presión, temperatura, calor, intensidade de corrente, tensión, etc.). Magnitudes fundamentais e derivadas. Magnitudes escalares e vectoriais. Conceptos fundamentais de hidráulica e hidrostática. Principio de Arquímedes. Lei de Pascal. Ecuación de continuidade. Teoría de Bernoulli. Principio de Venturi.
  18. Parte específica. Tema 8. A materia: composición básica e a súa estrutura. Estados fundamentais da materia. Cambios de estado da materia. A enerxía: tipos. A enerxía calorífica. Diferenza entre calor e temperatura. Escalas termométricas. Sistemas de transmisión de calor.
  19. Parte específica. Tema 9. O lume. Teoría do lume. Clasificacións do lume. Tipos de reaccións. Reaccións de oxidación-redución. A combustión: definición, elementos e tipos. Produtos da combustión. A influencia do fume e os gases da combustión. A propagación do lume: factores e a súa influencia. Os axentes extintores: definicións, propiedades e a súa clasificación. Mecanismos de extinción: tipos e características.
  20. Parte específica. Tema 10. Os incendios: concepto. Tipos de incendio: urbano, industrial, forestal, en transportes. Métodos de avaliación do risco. Proceso do incendio: factores, carga de lume, ventilación, influencia da xeometría do recinto e do terreo.
  21. Parte específica. Tema 11. Explosións e deflagracións. Explosións e deflagracións de po. Bleve. Boilover. Flashover. Backdraft. Autocombustión. Definicións, temperaturas, presións, condicionantes.
  22. Parte específica. Tema 12. Ventilación por presión positiva. Definición, ventilación ofensiva e defensiva, vertical e horizontal, ocos de entrada e saída de fumes, disposición e dimensionamento axeitado.
  23. Parte específica. Tema 13. Protocolos de mobilización do 112 en incendios forestais, medidas preventivas, técnicas de extinción e normas de actuación en incendios forestais.
  24. Parte específica. Tema 14. Intervención e rescates en instalacións eléctricas. Riscos principais. Planificación e sistemática xeral de traballo, seguridade da contorna, seguridade das vítimas, fases do traballo de rescate, seguridade dos intervenientes e do equipo de traballo, coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  25. Parte específica. Tema 15. Mercadorías perigosas: definición, tipos e clases de MMPP, identificación, etiquetaxe, vultos e contedores, características do transporte e almacenamento. Planificación e sistemática xeral de actuación en incidentes con MMPP, problemática en vías de comunicación e en contorna industrial. Seguridade xeral nas estratexias de traballo, prioridades, seguridade de intervenientes e da contorna (control de fugas e derrames, confinamentos, dispersión e control de nubes tóxicas), control de lume e explosións. Coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  26. Parte específica. Tema 16. Intervención e rescate en accidentes de tráfico. Riscos principais. Planificación e sistemática xeral de traballo, seguridade da contorna, seguridade das vítimas, fases do traballo de rescate, seguridade dos intervenientes e do equipo de traballo, coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  27. Parte específica. Tema 17. Intervencións e rescate en túneles e grandes superficies baixo rasante. Riscos principais en ambos os casos. Planificación da intervención. Equipos e medidas de protección e estabilización dos riscos. Ferramentas e tácticas de intervención. Orientación e gráficos. O manexo e loxística dos equipos de respiración entre o grupo de intervenientes. Coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  28. Parte específica. Tema 18. Intervención e rescate en vías de ferrocarril: problemática de riscos en vías ferroviarias, limitacións de accesos, posta a terra e derivacións en intervención, rescate, extinción de incendios en máquina e carga. Planificación da intervención. Coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  29. Parte específica. Tema 19. Rescate e intervención en espazos confinados. Riscos principais. Equipos e medidas de protección e estabilización dos riscos. Planificación da intervención. O protocolo de entrada. Medición e análise. Ferramentas e tácticas de intervención, protocolos de seguridade, coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  30. Parte específica. Tema 20. Intervención e rescate en estruturas colapsadas. Riscos principais. Planificación da intervención. Clasificación de gretas e fisuras. Equipos e medidas de protección e estabilización dos riscos. Ferramentas e tácticas de localización de vítimas e de intervención. Coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  31. Parte específica. Tema 21. Intervención e rescate en elementos verticais. Intervencións con risco de caída en distinto nivel. Riscos principais. Planificación da intervención. Equipos e medidas de protección e estabilización dos riscos. Ferramentas e tácticas de intervención. O rescate en altura. Coordinación con outros servizos. Equipamento necesario.
  32. Parte específica. Tema 22. Intervencións e rescate en edificios de gran altura. Riscos principais. Planificación da intervención. Equipos e medidas de protección e estabilización dos riscos. Ferramentas e tácticas de intervención. Ventilación e dinámica de fumes. Localización do posto de control e avituallamento do operativo. A decisión de evacuar ou confinar. Equipamento necesario.
  33. Parte específica. Tema 23. Intervención e rescate acuático en superficie. Planificación da intervención. Procedementos de entrada á auga, presas e zafaduras, métodos de remolque, métodos para sacar á vítima da auga, coordinación con outros servizos. A intervención con suicidas: o pensamento suicida. Pautas de actuación con suicidas. Equipos técnicos a utilizar.
  34. Parte específica. Tema 24. Intervención e rescate ante riscos naturais e meteorolóxicos. O Plan nacional de predición de fenómenos meteorolóxicos adversos, definición das alertas. Planificación das intervencións. Equipamento necesario segundo o risco de que se trate. Coordinación con outros servizos.
  35. Parte específica. Tema 25. Intervención en incidentes con múltiples vítimas, posto médico avanzado, triaxes, etiquetaxe e cores utilizadas, zonificación do incidente, coordinación de servizos intervenientes.
  36. Parte específica. Tema 26. O posto de mando avanzado en grandes incidentes, coordinación de servizos, zonificación de operacións e comunicacións, toma de datos de interese e control de operacións, recursos e apoios. Cambios de quenda e substitucións de persoal.
  37. Parte específica. Tema 27. Vehículos dos servizos contra incendios. Tipos. Funcións e campos de aplicación. Principais compoñentes de cada tipo de vehículo.
  38. Parte específica. Tema 28. Elementos para instalacións hidráulicas: bombas de vehículo, motobombas, turbobombas, electrobomba. Elementos de aspiración. Elementos de impulsión. Pezas de axuste. Hidrantes, columnas secas, BIE's. Lanzas e espumas: tipos, elementos para produción de espuma. Equipos de iluminación e sinalización.
  39. Parte específica. Tema 29. Equipos de protección e pezas de intervención utilizados polos servizos de bombeiros. Protección das distintas partes do corpo. Equipos complementarios: alarmas, detectores, cámaras térmicas, equipos de comunicación. Equipos para protección respiratoria. Aparellos que dependen da atmosfera ambiente e aparellos independentes da atmosfera ambiental. Normativa que han de cumprir os equipos de protección.
  40. Parte específica. Tema 30. O mando: características do mando. Funcións do mando. Responsabilidade e delegación. Motivación: definición, tipos e resultados.
  41. Parte específica. Tema 31. O método de xestión operativa e mando (GOM) en emerxencias.
  42. Parte específica. Tema 32. Toma de decisións en emerxencias. Modelos, algoritmos e xestión da tensión operativa: o proceso decisional en emerxencias; o modelo OODA Loop aplicado a bombeiros; métodos analíticos fronte a recoñecemento de patróns (RPD – Klein); xestión da tensión aguda e a súa influencia nas decisións; erros cognitivos frecuentes (fixación, túnel, nesgo retrospectivo); decisións baixo incerteza e con información incompleta; priorización táctica: VIDA – CONTROL – PROPIEDADES – MEDIO AMBIENTE.
  43. Parte específica. Tema 33. Liderado operativo en bombeiros. Dirección de equipos e comunicación táctica en intervención: estilos de liderado en emerxencias; BLUF, mando tipo misión, liderado adaptativo; comunicación táctica, briefings/backbriefings, ordes claras (SMEAC), técnicas de comunicación segura baixo presión; xestión de equipos pequenos (binomios, cuarteis, sectorización); delegación en situación crítica; prevención e detección do erro humano; clima de equipo, confianza operativa e cohesión.
  44. Parte específica. Tema 34. Xestión do mando intermedio e coordinación multiaxencia en operacións de protección civil: función do sarxento dentro do PMA, relación con Garda Civil, Policía Local, sanitarios, 112, eléctricas, gas, Adif e Xunta; liderado de sectores (extinción, salvamento, loxística, ventilación); coordinación en incidentes multiaxencia e de longa duración; procedementos de transmisión de información (TAC, SITAC).
  45. Parte específica. Tema 35. Xestión de recursos operativos, loxística en intervención e mando en escenarios prolongados: xestión de recursos humanos en incidentes longos (rotacións, substitucións); xestión de material crítico (ERA, botellas, liñas de mangueira, escuma); rexistro de recursos e control de persoal; loxística táctica (avituallamento, iluminación, zonas de descanso); coordinación con centros de control loxístico municipais.

El temario válido es siempre el del documento oficial de la convocatoria a la que te presentes: las administraciones lo cambian de una convocatoria a otra (leyes nuevas, temas que se añaden o quitan). Esta lista sale de la convocatoria del 30 sep 2026; actualizada el 4 oct 2026.